Ollaba nos seus ollos e mergullábase nunha inmensa tristeza.
Ollos que caían coma as castañas do outono que se esconden entre os pinchos dos ourizos.
Ollaba e non podía ficar queda, coa dor palpitando nas súas pestanas de carbón.
E morría unha primavera de flores esquecidas. Sentía que a verdade nunca fora mentida.
Confiaba naquelo que temía. Tentaba arrincarlle aquela melancolía que escorregaba nunha bruma,
como cando nena desprendía da súa dura pel as castañas quentes.
E sementaba unha esperanza entre as tebras, un sorriso que pulaba por fuxir.
Ás veces... ás veces non te encontro.
E sementaba unha esperanza entre as tebras, un sorriso que pulaba por fuxir.
Ás veces... ás veces non te encontro.

Nessun commento:
Posta un commento