sabato 23 aprile 2011

Vida ou morte


A vida é un camiño de dirección única cara unha morte inevitable;
un vagar por sendeiros ocultos tralas máscaras dos prexuízos; 
un soñar con bolboretas de cores estragadas;
un voar cara un sol que xa non brilla;
un beber frases velenosas das línguas capitalistas;
un baile de ilusións esquecidas entre o tráfico;
a balanza da xustiza que rachou cos nosos medos;
unha bágoa perdida no devenir do vento que non volve;
unha sonrisa mustia por amar o que non debes;
un loitar por revivir o mosaico dos recordos;
un romper as cadeas dun corazón pechado por olvido;
un comercio sen principios coa dor dos inocentes;
un secar o río das verdades susurradas entre sombras;
unha virxe que é violada polo poder da corrupción;
un morrer por ideais que non se entenden.

10.01.08

Nessun commento:

Posta un commento